A Axenda Dixital de Galicia 2020, entre todos

AxendaDixital2020

Esta semana iniciábase a campaña para recoller ideas de toda a sociedade galega para a elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020. Á elaboración da axenda están invitados as institucións, os axentes económicos e sociais, e todos os colectivos que integran a sociedade galega.

A campaña establece dous tipos de actuacións. Expertos, institucións e Administración participarán a través de entrevistas, xornadas de traballo e envío de formularios. Os axentes sociais e económicos e os colectivos sociais, farano a través do blog blog.adg2020.es. No blog estableceranse 5 desafíos para mellorar en cidadanía, servizos públicos, empresas, educación e sectores primarios.

Os dous primeiros son “A que servizos públicos che gustaría acceder a través de Internet?” e “Que farías en materia de accesibilidade dixital para que todas as persoas poidan facer uso dos servizos públicos dixitais?”; estarán abertos ata o próximo 15 de setembro. Do 16 de setembro ao 15 de outubro abriranse os restantes retos para empresas, educación e sectores primarios.

No blog, calquera persoa pode achegar as súas propostas aos desafíos, participar nos foros de discusión ou enviar suxestións a adg2020@xunta.es.

Concurso de curtas

Para coñecer as ideas dos máis novos créase o concurso de curtas “Como te imaxinas que a tecnoloxía transformará Galicia no futuro?”, dirixido a mozas e mozos de 14 a 18 anos. Deben plasmar nun vídeo de 3 minutos a súa visión sobre o futuro dixital de Galicia. O prazo de presentación de curtas ábrese o 15 de setembro e estará aberto ata o 30 de outubro.

Galicia acurta a fenda dixital

Esta semana o Osimga publicaba os resultados do “Diagnóstico sobre a Sociedade da Información nos fogares galegos”, no que profundizaremos nas próximas semanas.

Entre outros datos, destaca que nos últimos cinco anos duplicáronse os fogares galegos con internet de banda larga. En 2013 máis do 65% dos fogares galegos tiña contratado este servizo fronte ao 31,8% do 2008.

A contratación de banda larga está moi relacionada co tipo de hábitat: 73,9% en concellos con máis de 50.000 habitantes e 45,5% nos que teñen menos de 5.000. Ata o 30 de agosto, está aberta a terceira convocatoria de axudas para conectarse a internet vía satélite nas zonas máis illadas de Galicia.

1 comentario

  1. Mado

    Galicia ten moitas zonas rurais onde non contan con Aulas de acceso gratuito a Internet.
    Moitas familias debido a crisis non poden mercar un ordenador e moito menos pagar unha conexiòn a Internet.
    Seria unha boa idea que os concellos en colaboraciòn ca Xunta,puderàn habilitar unhas Aulas das antigas unitarias para disfrute dos veciños cas novas tecnoloxias…Atraves do cal poderian facer uso dos servizos publicos dixitais….

    Reply

Deixa una resposta a Mado Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.