O Plan de Inclusión Dixital en Galicia xa está en marcha, e a Amtega vén de abrir o proceso de solicitudes para formar parte dos “aliados dixitais” .
Poderá ser “aliado dixital” calquera entidade ou profesional que teña interese e queira contribuír a que todos saquemos o máximo proveito das TIC a nivel profesional, persoal ou social.
Que fará un “aliado dixital”
Calquera entidade, profesional ou persoa individual que queira colaborar poderá ser “aliado dixital”. A súa achega pode ser, ben través da organización de actividades formativas, conferencias e seminarios; da cesión de contidos dixitais e espazos físicos; ou da posta en marcha de proxectos de inclusión dixital, etc.
En función do seu perfil ou do tipo de iniciativa que desenvolvan poderán colaborar na categoría de “entidade colaboradora”, “mecenas dixital”, “referente dixital”, “mentor dixital” ou “voluntario/a dixital”.
Para formalizar a adhesión como “aliado dixital”, tan só é necesario cumprimentar o procedemento telemático dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, sede.xunta.es e xuntar a documentación requirida.
Requirimentos para formar parte dos “Aliados Dixitais”
Para converterse en parceiro da Amtega, é preciso aportar a seguinte solicitude:
- a) Documento acreditativo do poder con que actúa a persoa que ten a representación da entidade, no caso de actuar por medio de representante.
- b) No suposto de tratarse dunha entidade pública, documentación acreditativa do acordo alcanzado para a súa participación como entidade/organismo colaborador.
- c) Documento acreditativo de estar ao día no pagamento á Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, só no caso de non autorizar a súa consulta.
- d) Documento acreditativo de estar ao día no pagamento á Seguridade Social, só no caso de non autorizar a súa consulta.
- e) Documento acreditativo de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias para a contratación coas administracións públicas, só no caso de non autorizar a súa consulta
Queres adherirte ou coñeces a alguén que lle interese formar parte dos “Aliados Dixitais”? Pois apúntate aquí.