En marcha o Plan de Inclusión Dixital Galicia 2020

A Amtega pon en marcha o Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 para acadar unha sociedade plenamente dixital, formada e capacitada no uso das tecnoloxías, capaz de explotar e aproveitar todo o potencial das TIC a nivel persoal, profesional e relacional.

axendadixitalgalicia

Esta Plan de Inclusión Dixital toma a testemuña do primeiro plan, no que se conseguiu:

  • Reducir dun 42% a un 25,4% a porcentaxe de galegos que non empregaban nunca internet.
  • Incrementar do 48% ao 67% a porcentaxe de galegos que o emprega habitualmente.

O reto deste novo plan consiste en mellorar os actuais datos. Para iso, durante os vindeiros cinco anos investiranse 7 millóns de euros nos seguintes eixos:

Alfabetización dixital

Actuará para reducir a primeira fenda dixital, a do acceso ás TIC, fomentando o seu uso básico entre os colectivos  que nunca o fixeron.

Algunhas das accións máis relevantes son o reforzo do programa formativo en alfabetización dixital “Faite Dixit@l”; a impartición de cursos, talleres e charlas, ou a realización de sesións demostradoras para achegar o uso de dispositivos móbiles aos maiores, entre outras.

Capacitación dixital

Impulsará a madurez dixital da cidadanía que emprega a tecnoloxía, ampliando a súa capacitación dixital para mellorar empregabilidade.

As actuacións previstas centraranse en executar un programa formativo de capacitación dixital avanzada sobre usos cotiáns das TIC (banca electrónica, compras on-line, trámites coa administración..) o desenvolvemento de accións formativas para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX), e a súa adaptación ás persoas con discapacidade.

Tamén se contempla o deseño e implementación de itinerarios formativos centrados na  busca de emprego, elaboración do currículo, etc.

Innovación social dixital e participativa

Promoverá a innovación social dixital, impulsando novas formas de facer, participar e relacionarse para resolver desafíos sociais empregando as TIC.

Para avanzar neste sentido, en primeiro lugar, fomentarase a adquisición das habilidades necesarias para participar activamente nos procesos de innovación social dixital.

Ademais, o Plan prevé a elaboración dun mapa de innovación social dixital de Galicia co fin de dar a coñecer as iniciativas de innovación social baseadas nas TIC que promoven a resolución de retos sociais na nosa comunidade e impulsar a creación dunha rede de mentores, asesores e expertos que actuarán coma guías no proceso de innovación social dixital, dinamizando actuacións e ofrecendo apoio e orientación a futuros emprendedores

Catro piares que debuxan un obxectivo ambicioso, e, ao mesmo tempo, ilusionante.

1 comentario

  1. Olegario

    Aunque queramos usar más internet, la fibra óptica y el 4G no llegan a todos los lugares gallegos, principal impedimento apra ser más habitual de las TIC.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.