Guía práctica | Buscar emprego nas redes sociais

linked2

Imaxe linkedin.com, rede social profesional máis popular

“As redes sociais son o currículo vivo para conseguir un emprego”; é a principal conclusión da openclass impartida por Juan Carlos Barceló aos alumnos da Universidade Internacional de La Rioja (UNIR), na que o principal obxectivo era ensinarlles a buscar emprego a través das redes sociais.

Primeiro debemos pensar que queremos ofrecer, como queremos presentarnos e que marca queremos crearnos; o seguinte paso é escoller a rede social na que debemos comunicar. Non hai que ter presenza en todas as redes sociais; segundo os datos de Juan Carlos Barceló, “máis dun 60% de candidatos foron descartados dun proceso de selección polo que estaban dicindo en Facebook”.

Recoméndase ter un perfil serio, falar de temas profesionais, crer nas redes e mantelas actualizadas: crear marca persoal.

Algúns consellos

linkedin_empresas

A sección empresas é unha das ferramentas máis interesantes de Linkedin

En oficinaempleo.com pregúntanse como e por que buscar emprego en redes sociais. E dannos algúns consellos interesantes a ter en conta:

  • Seguir o perfil das empresas que nos interesan. Así amosamos interese e estamos informados de novidades ou posibles ofertas de traballo. Lembrades cando vos falamos de Linkedin? Podemos seguir facilmente a actualidade de todas as empresas que seleccionemos.
  • Actualizar o noso perfil. Os perfís de redes sociais (non só o de Linkedin) son algo parecido a un currículo 2.0; deben estar actualizados. Como se fosedes unha empresa, se non comunicades nunha rede social, é mellor non estar presente.
  • Que fan os demais? Na rede atoparedes perfís profesionais similares ao voso nos que inspirarvos. En que redes sociais están presentes? Que tipo de información comparten? A que eventos asisten?
  • Coidar a imaxe. Cómpre coidar a imaxe a través das fotos e vídeos que compartimos, pero tamén a través dos comentarios que facemos. Sabiades que, aínda que non sexa de forma directa, o 90% das empresas empregan as redes sociais para reclutar candidatos?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.