Impulso á dixitalización dos rexistros

sede_electronica

O impulso á dixitalización das oficinas de rexistro é fundamental para acadar unha tramitación 100% electrónica. Estase a pilotar no Rexistro Xeral e continuará estendéndose progresivamente no último trimestre do ano aos rexistros xerais en Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Aplicarase nas 342 oficinas de rexistro da administración local galega ao longo do 2016.

O obxectivo é conseguir a dixitalización das 533 oficinas que integran o Sistema Único de Rexistro no 2016. Unha vez completado o proceso, calquera documento que entre será dixitalizado e compulsado electronicamente e pasará a formar parte do expediente administrativo dixital.

Chave 365

O novo servizo Chave 365 poderá solicitarse a partir deste mes no Rexistro Xeral da Xunta e irase implantando progresivamente no resto das oficinas do Rexistro. Que nos vai permitir?

Chave 365 simplificará as xestións coa Administración. Facilitará a accesibilidade aos servizos de rexistro público online co uso de claves concertadas para acceder á sede electrónica. E dará resposta ás dificultades do uso de certificado electrónico.

Para empregar o sistema teremos que darnos de alta no servizo verificando a nosa identidade nas oficinas de rexistro habilitadas ou a través da sede electrónica. Despois recibiremos no móbil unha clave que empregaremos xunto co NIF. Serviranos para obter un código de sinatura dun só uso para resolver o trámite que queiramos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.