O CDTIC acolle a presentación da III convocatoria de Galicia Open Future

O Centro Demostrador TIC acolle o día 11 unha xornada de presentación da III convocatoria de Galicia Open Future ás 12:00h. Tanto se che interesa o emprendemento como se tes un proxecto emprendedor, esta información é para ti.

GALICIA_OPEN_FUTURE

Galicia Open Future, acelerando startups galegas

Galicia Open Future é o gran centro de emprendemento galego, impulsado en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Amtega, e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o IGAPE da Consellería Economía, Industria e Traballo.

Ao abeiro desta iniciativa, ofréceselles a 50 proxectos empresariais innovadores a posibilidade de evolucionar a súa idea, poñendo á súa disposición as ferramentas e os servizos necesarios para axudar a que os seus proxectos ou startups alcancen o éxito global.

O equipo de Galicia Open Future presentará o seu programa de aceleración de startups, que actualmente se atopa en fase de captación e selección dos 50 proxectos participantes para a súa terceira edición.

O vindeiro luns explicaranse os requisitos para participar no programa, o colectivo a quen vai dirixido, as metodoloxías de traballo e os beneficios que achega aos participantes. Así mesmo, tamén se presentarán casos de éxito das edicións anteriores.

A xornada está dirixida a emprendedores que teñen desde unha idea de negocio ata unha startup. As encargadas de presentar a iniciativa serán María del Carmen López Gómez, directora do programa Galicia Open Future de Telefónica, e Paloma Barreiro Gónzález, directora do proxecto en Grupo Barrabés.

Interésame e quero asistir!

A asistencia require inscrición na web do CDTIC. Se non podes trasladarse a Santiago poderás seguir a presentación a través de streaming.

Son emprendedor ou emprendedora, quero participar!      

As empresas e profesionais interesados en formar parte desta segunda convocatoria  de Galicia Open Future poden presentar as súas candidaturas ata o 15 de abril, cumprimentando o formulario de inscrición habilitado na seguinte dirección: http://galicia.openfuture.org

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.