O Goberno galego impulsará a posta en marcha de empresas innovadoras de base tecnolóxica

iebtA Xunta impulsará con máis de 800.000 euros a creación de empresas innovadoras de base tecnolóxica para promover o emprego estable e de calidade neste sector. Para isto, porá en marcha un programa de apoio para as Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT) encamiñado a fomentar o espírito innovador e emprendedor, principalmente entre os investigadores e titulados universitarios de calquera área do coñecemento científico, técnico ou humanístico.

Tres liñas de axudas para tres tipos diferentes de proxectos

As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas dentro de tres liñas de apoio:

A primeira liña é para a creación directa de emprego estable de carácter indefinido. Están dotadas con entre 6.000 e 9.000 euros en función da idade, sexo e titulación das persoas contratadas.

A segunda tipoloxía é para apoiar a contratación de persoal técnico de alta cualificación que terá como límite máximo, por todas as contratacións, a contía de 18.000 euros.

E a terceira liña de financiamento é para a posta en marcha do proxecto empresarial con axudas dun máximo de ata 24.000 euros en función dos empregos estables e financiados durante o primeiro ano de actividade.

Interésame ou coñezo a quen lle pode interesar!

Se é así, o prazo xeral de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas deste programa finalizará o 30 de setembro de 2016. Consulta as bases do DOG aquí.

1 comentario

  1. eComGalicia

    Muy buena iniciativa. Especialmente la destinada a la contratación de personal técnico de alta calificación. Entendemos que se busca captar talento en Galicia. Muy interesante.

    Reply

Deixa una resposta a eComGalicia Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.