O Proxecto iTEC

Proxecto_iTEC

Onte navegabamos na web do espazoAbalar para consultar as últimas novas relacionadas co sector educativo galego. Tamén botamos un ollo ás últimas Experiencias TIC da sección Experiencias. Aulas 2.0, e chamounos a atención o Proxecto iTEC.

iTEC é un proxecto europeo que busca contribuír ao deseño e configuración da aula do futuro, axudando ao profesorado a desenvolver prácticas innovadoras que aproveiten os recursos tecnolóxicos dispoñibles. Participan 27 entidades de distintas nacionalidades entre as que se inclúen administracións, universidades, empresas, etc.

No 2014 estase a desenvolver unha pilotaxe de iTEC en aulas galegas nas que se aplicarán 5 escenarios de aprendizaxe. Entre febreiro e maio participaron 6 centros galegos e no primeiro trimestre do curso que comeza incorporaranse 9 máis. A pilotaxe está dirixida por profesorado da Universidade de Vigo.

O traballo comezou con 4 sesións formativas nas que se describiu o proxecto e deseñáronse dous escenarios educativos segundo a metodoloxía exposta en iTEC por Edukata. Despois presentouse a ferramenta web desenvolvida pola Universidade de Vigo que serviu para a configuración dos 6 escenarios de aprendizaxe que despois se levarían ás aulas.

Dentro do SDE (Scenario Development Environment), a ferramenta web deseñada pola Universidade de Vigo, podemos consultar e crear escenarios educativos, ou actividades ou historias de aprendizaxe, e descubrir aplicacións, eventos, biografías e ponencias relevantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.