Resolver os problemas da nosa contorna a través das novas tecnoloxías

digitalsocial_eu

digitalsocial.eu

Nas últimas semanas estamos a falarvos de CeMIT-Innova, proxecto que busca a implantación en Galicia da innovación social dixital como soporte da Rede CeMIT. A iniciativa está impulsada pola Amtega en colaboración con Fundetec.

Cando falamos de innovación social dixital falamos de proxectos que teñen as TIC como base e que buscan resolver retos locais ligados á educación, a saúde, o emprego, etc.

Xa se seleccionaron as 10 aulas CeMIT que participarán en CeMIT-Innova e, nos próximos meses, desenvolveranse, por exemplo, unha iniciativa para mellorar a empleabilidade, unha plataforma de intercambio cultural de emigrantes ou propostas para promoción turística.

Creando un ecosistema de innovación social dixital para Europa

digitalsocial_eu2

digitalsocial.eu

A principios deste ano publicábase o primeiro informe da Comisión Europea sobre a creación dun ecosistema de innovación social dixital para Europa. Destaca o traballo que se está a facer no Reino Unido onde se desenvolven 500 proxectos aprox.; España é cuarta no ranking con 155 proxectos.

Entre os proxectos españois está, por exemplo, goteo.org, unha “rede social de financiamento colectivo e colaboración distribuída (servizos, infraestruturas, microtareas, etc.) dende a que impulsar o desenvolvemento autónomo de iniciativas de carácter social, cultural, científico, educativo, etc.”. A idea é xerar novas oportunidades para a mellora constante da sociedade e o enriquecemento dos bens e recursos comúns.

Podedes achegarvos ao mapa do ecosistema europeo da DSI (innovación social dixital) na web digitalsocial.eu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.