Despois da xornada do sábado na Cidade da Cultura, seguimos achegando as novas tecnoloxías aos máis pequenos. Este sábado 10 de outubro na Cidade da Cultura celébrase o evento “Scratch Day”, no que os participantes poderán coñecer o mundo da programación. A xornada, dirixida a nenas e nenos de entre 7 e 15 anos, está organizada polo Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática (CPETIG) en colaboración coa Amtega.
En paralelo, levarase a cabo unha acción formativa en “Scratch” destinada ao profesorado. Esta actividade servirá como formación presencial dentro do programa “Aprendo programando” incluída no Plan Proxecta, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O sábado na Cidade da Cultura…
… Os obxectivos son eliminar mitos en relación á programación informática, dar a coñecer a contorna da programación “Scratch” e aprender a desenvolver videoxogos con esta ferramenta.
A xornada comezará coas presentacións e demostracións, continuará cos obradoiros de programación en “Scratch” e rematará ás 14:00 coa presentación dos proxectos. Podedes consultar o programa na páxina web da Cidade da Cultura. Tamén podedes atopar máis información na web do CPETIG.
A formación contará coas asociacións Programamos, asociación sen ánimo de lucro que busca promover o desenvolvemento do pensamento computacional dende idades temperás, e Código Octopus; fonte de recursos en galego para o profesorado.



Genial! Me encanta ver iniciativas como esta para iniciar los pequeños en el sector de programación y el desarrollo.