Solucións para as pemes do sector marítimo

SafeSkipper

Safe Skipper é unha das solucións desenvolvidas

O mércores presentábase no CDTIC o BAT (Best Available Technologies), un catálogo de solucións tecnolóxicas para as pemes do sector marítimo do Espazo Atlántico europeo. A elaboración deste inventario é unha das medidas previstas no proxecto europeo STAMAR que busca mellorar a competitividade e a capacidade de innovación das pemes do sector marítimo.

STAMAR está liderado por Galicia a través da Amtega. Conta coa participación da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e de 7 entidades de referencia no eido da transferencia tecnolóxica, a innovación e a economía marítima de Francia, Reino Unido, Irlanda e Portugal.

O BAT e o Catálogo de solucións TIC específicas de Galicia

No BAT catalóganse 29 tecnoloxías, cunha media de entre 3 e 6 solucións por socio. En Galicia identificáronse 23 tecnoloxías relevantes polo que ademais de incluír unha selección no BAT, elaborouse un catálogo específico de tecnoloxías galegas que proban o potencial da Comunidade neste eido.

Estes dous documentos servirán para dar a coñecer estes avances tecnolóxicos e aos centros e empresas TIC que os desenvolveron.

Máis STAMAR

Ademais da elaboración do BAT, STAMAR contempla, entre outras iniciativas, o estudo de “Identificación das necesidades tecnolóxicas do sector”. O obxectivo é coñecer o nivel de integración das TIC nas empresas e cales son as súas necesidades.

Outro dos compromisos é a creación dun Centro Transnacional Demostrador de tecnoloxías. A experiencia do CDTIC en Galicia estase a reproducir nas 5 rexións ás que pertencen os socios en STAMAR e cada unha delas conta cun sitio físico no que dar a coñecer as tecnoloxías estudadas para o sector marítimo.

Por último, están previstas 3 xornadas adicadas ao sector naval e ás tecnoloxías relacionadas coa seguridade marítima e a xestión portuaria. En colaboración co GAIN, celebraranse 2 eventos de co-creación que servirán de punto de encontro de centros tecnolóxicos e pemes do sector marítimo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.