A web do mes: vandal.net, portal galego sobre videoxogos

vandal2Levamos uns cantos posts recomendándovos que vos informedes antes de mercar un videoxogo. Hoxe presentámosvos vandal.net, portal sobre videoxogos feito en Galicia: novas, lanzamentos, análises, reportaxes… Facemos un percorrido pola web deténdonos nalgunhas das seccións máis destacadas.

Novas

“Todas as novas de videoxogos actualizadas ao minuto, todos os días da semana, con todos os anuncios de videoxogos, novas imaxes, datas de lanzamento e novidades”. Hai moita información ao redor de videoxogos e videoconsolas: datas de lanzamento, actualizacións, novas do sector… Queres estar ao tanto de todo o que pasa no mundo dos videoxogos?

Xogos

Vandal.net ofrécenos un listado de xogos de todas as plataformas (iPhone, Android, Play Station, Xbox, etc.), con datas de lanzamento, imaxes, vídeos, análises e trucos. Podemos buscar por letra, xénero ou plataforma.

Rankings

Unha cousa é a publicidade e outra a opinión dos usuarios. Podedes rexistrarvos e votar os xogos na web; os rankings acualízanse cada 24 horas. Podemos buscar rankings de xogos por plataforma, xénero e data de lanzamento.

Análises

vandal3Listado de xogos e análises nos que se antende a gráficos, son, xogabilidade… Podemos buscar por letra e dispositivo. Deixádevos asesorar.

Reportaxes

Crónicas de eventos, entrevistas e informes ou reportaxes sobre videoxogos. Buscade por plataforma ou por tipo de contido: reportaxes, concursos, crónicas, informes, entrevistas e especiais.

Foro

Rexístrate e entérate de todo interactuando con outros usuarios. Podes opinar e informarte sobre xogos, novas, videoconsolas, etc. Algunha dúbida? Seguro que poden axudarche.

En vandal.net podedes navegar por seccións ou por dispositivo, é doado enterarse de todo o que nos interesa. Podedes descargar a app ao móbil ou tablet e interactuar con eles nas redes sociais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.