AceleraTIC; o impulso á transformación dixital das pemes galegas

A Amtega pon en marcha o Programa AceleraTIC, pensa en futuro, actúa en dixital” para facilitar a transformación dixital das pemes galegas.

 

O programa está integrado nas actividades do CDTIC, e abrangue diferentes xornadas formativas e prácticas e un programa específico para directivos e xerentes de empresas galegas, que se desenvolverá en colaboración coa Escola de Negocios de AFundación.

As pemes interesadas en coñecer a iniciativa  poden participar na xornada inaugural de AceleraTIC que ten lugar o xoves 2 de xuño.

aceleraticNa xornada falarase de “Novos mercados, novos clientes, novos paradigmas”, coa participación de Pablo Foncillas, profesor de Economía Dixital na IESE, que vén de renovar o seu primeiro posto na clasificación mundial de escolas de formación de directivos publicado polo Financial Times. A xornada completarse coa intervención das empresas ABanca, Viñacosteira, Kaleido Logistics e minevera.es, que compartirán cos asistentes a súa experiencia no proceso de dixitalización dos seus negocios.

Para asistir a esta xornada é preciso inscribirse a través da páxina Web do CDTIC, no correo electrónico cdtic@xunta.gal ou no teléfono 881 995 200

Programa específico para directivos

O programa específico para directivos e xerentes de empresas comezará o día 9. As prazas para participar neste programa formativo son limitadas, polo que xa está aberto un proceso de preinscrición que permanecerá aberto ata o luns 6 de xuño.

A preinscrición pode realizarse a través da Web do CDTIC, no correo electrónico cdtic@xunta.gal ou no teléfono 881 995 200.

De entre as solicitudes recibidas a Amtega seleccionará a 25 directivos para cada unha das xornadas formativas. Aqueles directivos que completen todas as xornadas formativas, recibirán o título “Programa Especializado en Transformación Dixital da Empresa” outorgado pola Escola de Negocios Afundación.

As seis sesións de transformación dixital previstas deste programa son :

  • 09/06/2016. Estratexia para a nova contorna dixital. Fundamentos dunha estratexia dixital, novos modelos de negocio baseados no dixital, tendencias (cloud, bigdata, mobilidade, internet das cousas) e analizar as oportunidades e retos da contorna dixital.
  • 16/06/2016. Marketing dixital para PEMEs. Novos canles de comunicación dixital existen, como son os novos consumidores, técnicas dixitais de atracción, captación, conversión e fidelización de clientes.
  • 23/06/2016. Comercio electrónico. Analizarase as dimensións comerciais e loxísticas, trasladando a importancia dunha estratexia multicanle, así como os procesos da entrega dos produtos.
  • 30/06/2016. Big Data & Business Intelligence para o control de xestión empresarial. Analítica para o cálculo de tendencias e prediccións coa finalidade de implantar solucións de analítica en base a datos de control de xestión.
  • 07/07/2016. Análise de datos para o control da estratexia dixital. Definición de indicadores para unha estratexia dixital, ferramentas de medición como Google Analytics e sistemas chave para a medición de campañas e resultados.
  • 13/07/2016. Transformación e xestión do cambio na organización

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.