Así se adapta a Xunta de Galicia ao novo regulamento europeo de protección de datos (GDPR/RGPD)

O próximo 25 de maio entra en vigor o novo Regulamento de Protección de Datos Europeo, máis coñecido como  GDPR/ RGPD. Este novo regulamento obriga a todas as empresas e institucións a tomar medidas de seguridade e coordinación adicionais se manexan datos persoais de persoas que residen na Unión Europea.

A Xunta de Galicia, como institución pública, tamén ten que adaptarse a este novo regulamento e así o vai a facer. A semana pasada publicouse no DOG todas as medidas que se van a seguir para cumprir este regulamento realizado a nivel europeo. Podes ver a resolución nesta ligazón, pero resumímoschas aquí:

Delegado de Protección de Datos

O novo regulamento recolle a existencia dun Delegado de Protección de Datos (DPO), o cal é o encargado de velar polos datos que a entidade almacena, así como de asegurarse que todos os procesos recolleitos na lei cúmprense e son adecuados.

A Xunta de Galicia implantará esta figura do Delegado de Protección de Datos en cada consellería, ademais dun delegado adicional na  Amtega, o cal asumirá os labores de coordinación entre todos os delegados das diferentes consellerías.

CSIRT. gal

A Xunta de Galicia cumpriu un dos obxectivos previstos para este ano: a consolidación do Centro de  Resposta ante Incidentes de  Seguridade. Este centro intégrase dentro da plataforma nacional  CSIRT e está composto por 13 profesionais que, coa axuda de empresas do sector TIC, son os encargados, entre outras cousas, de monitorizar os sistemas de seguridade, o tratamento de incidentes e a difusión de información relacionada coa seguridade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.