FaceApp, situación dos nosos datos segundo os seus termos

FaceApp, a aplicación que permite envellecer ás persoas a través de fotografías, é sen dúbida a “app” máis popular do momento. Salpicada pola polémica dos seus termos de uso xa que deixa a porta aberta á comercialización das fotos sen que se especifiquen os termos concretos.

Coma toda polémica de actualidade, a información sobre os perigos que corremos cando temos instalada a app é moi confusa, xa que moita xente fai eco de información errónea ou imprecisa.

A continuación detallamos que pode ocorrer cos teus datos e as túas fotos se utilizaches a aplicación FaceApp segundo os seus termos:

  • Compartirás co servizo as túas imaxes e os datos de uso que se xeran ao utilizar FaceApp. Toda esta información almacénase nos servidores.
  • A información almacenada atópase na súa maioría en servidores estadounidenses; mais poden gardarse datos noutros países onde opere a aplicación.
  • FaceApp segue as leis californianas, igual que aplicacións moi populares como todas as de Facebook.
  • Outorgas a licenza de uso, comercialización e modificación a FaceApp das fotos e modificacións realizadas.

Ante as polémicas xeradas, os desenvolvedores da App aclararon cuestións que circulaban pola rede:

  • FaceApp emprega Amazon Web Services e Google como servidores, ambos situados en California e non en Rusia como moitos medios din.
  • FaceApp só ten acceso ás fotos que nós como usuarios subimos deliberadamente, non almacena todas as fotos da galería como algún usuario advirte, xa que realiza o procesamento das imaxes na nube.
  • Non vende nin comparte datos con outras empresas.
  • As fotografías adoitan eliminarse pasadas 48 horas

FaceApp non é máis perigosa que as aplicacións sociais que utilizamos a diario polo que hai que ter a mesma prudencia que aplicamos á hora de empregar redes sociais coma Facebook ou Twitter.

Ademais, o usuario pode solicitar o borrado de todos os seus datos entrando aos axustes e premendo en “Notificar erro e enviar rexistros” ,escribindo a palabra “Privacy” e mandando a mensaxe.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.