Cinco trucos para aproveitar Spotify ao máximo

Spotify é unha das aplicacións que máis usamos no noso día a día para escoitar música en  streaming. O que non sabemos é que a aplicación da icona verde serve para moito máis que para escoitar música e facer nosas propias listas.

Hoxe ensinámosvos cinco trucos para aproveitar  Spotify o máximo posible.

Aproveitarnos da recompilación semanal

Desde hai uns meses  Spotify proporciónanos unhas listas chamadas Descubrimento Semanal que incluían suxestións personalizadas para cada usuario. O que ocorre é que se non as gardamos, cada semana perdemos unha lista que na maioría de ocasións acerta.

Para atopar a recompilación semanal hai que ir á sección explorar, e no  submenú descubrir atoparemos a lista coa nosa fotografía como imaxe.

Playlist infinita cos nosos gustos

Se hai unha canción que nos encanta e queremos  escuchar máis temas similares, hai que facer clic dereito na canción e elixir a opción Ir a radio da canción. Xerarase automaticamente unha lista de reprodución infinita con cancións relacionadas á que estabamos a escoitar.

Ocultar a nosa actividade

Ás veces non queremos que os nosos contactos saiba o que estamos a escoitar. Para ocultar a nosa actividade temos que ir a Arquivo e activar a opción “Sesión privada”

Atopa o que escoitaches onte

En ocasións queremos saber como se chamaba a canción que escoitamos onte e que tanto nos emocionou. Para atopala, tan só temos que ir á sección cola que está dispoñible á beira do volume nas aplicacións de  Windows e Mac. Aí teremos que ir a Historial e ver as cancións que reproducimos antes.

Escoitar música no noso  Chromecast

Spotify é compatible con  Chromecast polo que podemos escoitar música nun televisor ou nun altofalante conectado ao sistema de Google. Para facelo tan só hai que facer  clic en “Dispositivos dispoñibles” (á beira do volume) e seleccionar o dispositivo onde queremos escoitar.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.