Poderemos utilizar dominios .gal na Internet

A Asociación puntoGAL informou o pasado día 14 da notificación da ICANN sobre a aprobación da candidatura galega.

Trala aprobación do proxecto, o seguinte paso será a habilitación do dominio a través da firma do contrato de delegación de dominio, se ben iso podería demorarse ata finais de ano ou comezos do 2014.

Como nace .gal?

No ano 2007 artéllase, inspirado na aprobación do .cat en 2005, un movemento social que contou co respaldo dunha boa parte das institucións para conseguir un dominio de tres letras (.gal), considerada dende o seu inicio como tecnicamente viable e económica, social, lingüística e culturalmente rendible. Logo do respaldo de  máis de 13.000 persoas e máis dun cento de institucións de toda Galicia, por fin poderemos contar co dominio .gal.

Respaldo da Xunta de Galicia

A Administración autonómica, que amosou o pasado día 15 o seu agradecemento e parabéns á iniciativa), apoiou activamente o proxecto dende o nacemento, e dende o ano 2007 achegou 490.000 euros á Asociación PuntoGal para o desenvolvemento das actividades necesarias para a presentación da candidatura, de maneira que se puidesen financiar os custos de matrícula e mailo aval esixido pola ICANN, entre outros.

Como funcionan os dominios?

Para poder ver unha páxina web, precisas introducir un enderezo (ou unha ip, pero diso xa falaremos outro día) no navegador. Ese enderezo, o dominio, consta de dúas partes:

  • Nome do sitio web propiamente dito, que escolle o administrador da web
  • Dominio ao que está adscrito, separado do nome por un punto (.com, .es, .net, .edu, etc).

ICANN2O organismo encargado de outorgar estes dominios é a Corporación de Internet para a Asignación de Nomes e Números (o ICANN, Internet Corporation for Assigned Names and Numbers), que coordina os sistemas globais de Internet que manteñen e administran eses identificadores únicos.

O papel que xoga a ICANN na Internet é fundamental, xa que a súa coordinación fai posible a Internet global, evitando conflitos entre ordenadores para que sempre sexan capaces de comprender a onde nos levan os dominios que escribimos no navegador. Imaxinas que sucedería se varias persoas rexistrasen xunta.es (por exemplo) varias veces? ICANN asegúrase de que as direccións sexan únicas,  e cando visites blogs.xunta.gal/xentedixital… te traia ata aquí

Amplía información visitando

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.