A Amtega e HPE celebran o I HACKATON BIG DATA & ANALYSIS

hackaton

Cando temos unha idea de venda ou queremos mellorar o existente, realizar un estudo de mercado é unha das mellores solucións polas que se poida optar. Estudar o comportamento dos clientes, o movemento dos mercados ou as últimas modas no noso sector son algunhas das prácticas que se realizan nestes estudos. E todas elas teñen algo en común: o manexo e análise de gran cantidade de datos. Para axudar e promocionar estas ideas nace o I Hackathon Big Data & Analysis.

Organizado por Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio de Hewlett Packard Enterprise (CEIN) en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Situm Technologies, este primeiro Hackaton busca reunir a analistas, investigadores, estudantes universitarios, emprendedores ou calquera tipo de persoa interesada polo Big Data e poñelos a competir na procura da mellor solución tecnolóxica para un reto proposto.

O reto será analizar e comprender o comportamento dos clientes dun centro comercial. Utilizando calquera método tecnolóxico que se queira, e en base a unha análise previa de datos dos seus movementos, deberase buscar a mellor solución para adaptar a oferta de produtos e atraer desta maneira novas carteiras de clientes. Un xurado valorará a mellor solución global, a máis innovadora e a mellor proposta de valor.

Os días escollidos para este Hackathon será o 25 e 26 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, onde á parte da competición, os participantes poderán participar en sesións de networking, así como recibir un diploma acreditativo de asistencia.

Se desexas apuntarche, pódelo facer a través da páxina web oficial do Hackathon: http://hackathon-cein.com/

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.