O catálogo de Produtos e Servizos TIC da Xunta. Beneficios e utilidades

Ata fai ben pouco, o software libre era un gran descoñecido no sector empresarial galego, e a meirande parte das empresas optaban por solucións de software propietario. Pero nos últimos anos esa tendencia está a mudar.

Beneficios do software libre

Máis aló das consideracións éticas que amparan o nacemento do software libre, os beneficios do uso de software libre son innegables.

  • Aforro en lizencias: ao contrario do que sucede co software propietario, no software libre non se pagan licenzas polo seu uso, co aforro de costes que supón o desenvolvemento dun produto ou servizo utilizando esta tecnoloxía.
  • Independencia tecnolóxica: o código non é secreto, é aberto, o que permite desenvolver novos produtos ou ampliacións sen partir de cero.
  • Ecosistema empresarial: cando o software é libre, as posibilidades de que máis empresas utilicen ese código para crear novos produtos e servizos en función da demanda que poidan detetar. 

O catálogo TIC

O Catálogo de Produtos e Servizos TIC baseados en softwar libre é a ferramenta ideal para coñecer as posibilidades do software libre na nosa comunidade.

Está estruturado en seis apartados nos que se abordan produtos, empresas e categorías entre as que navegar é sinxelo para atopar o que o usuario precisa. A táboa cruzada de empresas e categorías permite relacionar dun xeito rápido e visual as empresas e categorías de produtos e servizos que ofrecen.

Beneficios do catálogo

O Catálogo de Produtos e Servizos TIC baseados en Software libre posúe certas vantaxes que che poden axudar no teu día a día:

  • Permitirache identificar produtos dunha maneira sinxela
  • Poderás contactar coas empresas axeitadas para as túas necesidades informáticas
  • Localiza xeográficamente a empresa que máis che interese para o teu caso concreto.
  • Fomenta o uso do software libre
  • Fomentar o ecosistema empresarial que se adica ao software libre e a súa relación cos públicos aos que se dirixe

Amplía información sobre o software libre en Galicia nas seguintes ligazóns

1 comentario

  1. Pingback: Que é o open data?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.