O DICO Summit 2017 rematou coa entrega de premios ás ideas más innovadoras

A semana pasada despedimos o que foi o primeiro evento internacional celebrado en Galicial sobre contidos dixitais, o DICO Summit 2017. O encontro, organizado pola Amtega, o CLAG e o Clúster TIC de Galicia terminou 2 días de relatorios, networking e presentacións coa entrega dos premios ás ideas máis innovadoras relacionadas cos contidos dixitais.

O nivel das ideas era moi alto e escoller a uns gañadores foi unha tarefa complicada. Na categoría “mozo”, que englobaba aos participantes de 14 a 18 anos levaron o primeiro premio Lois Neira, Christian Capeáns e Brais Cuns do IES de Brión; foi grazas á súa idea “Read for Speed”, un proxecto que explicaba o desenvolvemento dunha aplicación que axudaba á aprendizaxe e a comprensión lectora. Na mesma categoría, levaron unha mención Diego Barreiro e Óscar Oliveira do IES Rosalía de Castro pola súa idea “SOSgram salvavidas chateando”, coa que idearon unha aplicación que permitía comunicarse en tempo real cos efectivos de emerxencias en caso de accidente ou urxencia.

Na categoría de “mozo adulto” onde se premiaban as ideas de participantes de 18 a 30 anos, o primeiro premio foi para Eva Sarmiento e o seu proxecto “A ficción colaborativa”, que buscaba facilitar aos consumidores a participación na elaboración de produtos de ficción. Así mesmo, a mención foi para Alexis Rafael e Ariana Peiteado por “Os videoxogos camiño á inclusión”, onde a realidade virtual e os videoxogos xogaban un papel importante na educación de alumnos con discapacidade intelectual.

Os premios foron entregados polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, xunto coa directora da Amtega, Mar Pereira e os presidentes do Clúster TIC, Antonio Rodríguez do Corral, e do Audiovisual, Jorge Algora, que lle entregaron unhas lentes de realidade virtual e un dispositivo de reprodución audiovisual en rede aos primeiros premios e unhas lentes de realidade virtual e unha subscrición a unha plataforma de vídeo baixo demanda ás mencións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.