1 de cada 4 empresas galegas emprega as redes sociais para promocionar os seus produtos

apps

O titular é algo longo de máis. É certo. Pero cómpre chamar a atención sobre o feito de que cada vez son máis as empresas que empregan as redes sociais para promocionar a súa imaxe e os seus produtos. É unha das conclusións do “Diagnóstico sobre a Sociedade da Información nas empresas de Galicia” correspondente ao 2013, publicado polo OSIMGA a principios de ano.

No 2013, un 25,6 % das empresas galegas de 10 empregados ou máis e o 26,4 % das microempresas empregaron algunha rede social: Facebook, Linkedin, Google +, etc. En Xente Dixital recomendámosvos a miúdo a comunicación en redes sociais para dar a coñecer o voso proxecto, para promocionar os produtos e servizos que ofrecedes.

As empresas do sector servizos son as que máis recorren ás redes sociais, fano un 29,4 % das microempresas e o 35,8 % das empresas de 10 ou máis traballadores; neste caso destacan as adicadas a actividades de aloxamento (70,3 %). As empresas menos activas son as do sector da construción; comunican por esta vía menos do 14 %.

Destaca que, por provincias, A Coruña e Pontevedra rexistraron un maior uso das redes sociais nas microempresas que nas grandes empresas: canto máis pequena é a empresa máis importante é a comunicación en medios sociais.

Máis redes sociais…, e máis comercio electrónico

carro

Foto Infocux Technologies

Ademais dos datos de uso das redes sociais, publícanse por primeira vez datos relativos ao comercio electrónico extraídos da última enquisa do INE. Chama a atención que o 16,3 % de empresas de 10 traballadores ou máis con actividade en Galicia empregaron a rede para realizar ventas, superando en case 2 puntos a media estatal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.