En Xente Dixital decidimos pasar a semana no Facebook. A rede social máis popular do mundo, con máis de 1.230 millóns de usuarios, acaba de cumprir 10 anos e é momento de facer balance. Para empezar, recollemos 10 erros ou tarefas pendentes que, sen embargo, non impiden que sigan medrando en número de usuarios.
- O móbil. Os que nos conectamos dende o móbil aínda non conseguimos unha experiencia satisfactoria. A versión web non se adapta a todos os dispositivos e a aplicación oficial ten limitacións.
- As aplicacións. Coñecedes Poke ou Paper? Son apps para acceder a Facebook que non teñen unha utilidade clara. Ademais atopámonos con problemas para desetiquetar unha foto ou para recibir ou desactivar notificacións.
- Mensaxería. Facebook chegou tarde ao mundo da mensaxería instantánea. Para chatear cos nosos contactos de Facebook temos que descargar Messenger e para entrar a Messenger temos que saír de Facebook. O penúltimo paso foi mercar Whatsapp e a dúbida é como nos vai afectar.
- A privacidade. Facebook non facilita o control de privacidade, temos que controlar actualización a actualización con quen compartimos contido nesta rede social. Por outra banda invítanos a seguir a actividade dos nosos amigos: que comentan, que música escoitan, a que xogan, etc. Algún de vós podería comentar, e non lle faltaría razón, que para non compartir ese tipo de información, mellor non estar en Facebook.
- Cambios sorpresa. É a rede social máis popular pero non é precisamente estable. Cada pouco temos que acostumarnos a un novo Facebook. Entre os profesionais da comunicación online que traballan creando contido en Facebook ou analizando as estatísticas, o malestar aínda é maior.
- Deixar Facebook. Non ides a probar pero se algún día o facedes, tende en conta que é un proceso longo e cheo de preguntas. E que a vosa conta non desaparece, “inactívase” por se un día decidides volver.
- De usuarios falecidos. Cando alguén morre e o notificamos (temos que demostrar o vínculo co usuario falecido), Facebook convirte o seu perfil nun lugar no que homenaxealo. E as notificacións de amigos que faleceron mestúranse coas dos aniversarios cercanos. A algúns aínda nos custa empregar Facebook para algunhas cousas.
- Difícil de limpar. É moi doado dicir que nos gusta unha marca ou un grupo de música. Pero non é doado poñer o Facebook ao día e actualizar gustos, ou desvincularnos de eventos ou grupos aos que fomos invitados.
- Mercar e pechar. Que teñen en común Push Pop Press, Friend Feed ou Friendster? Son empresas mercadas por Facebook para ampliar coñecementos e habilidades ou para acabar coa competencia pola vía rápida, como prefirades.
- Rexistrarse vía Facebook. Todos nos rexistramos en aplicacións como Pinterest ou Instagram vía Facebook; é moito máis rápido que se temos que introducir un correo electrónico e un contrasinal. Pero que faga un comentario quen saiba que fai Facebook ou a aplicación con toda a información que lle estamos a dar.
Fonte El País Tecnología.


