Porque a tecnoloxía non é so para a xuventude, os pais ou titores dos alumnos dos 236 centros educativos das catro provincias galegas incluídas na rede poden beneficiarse desta ferramenta.
Con esta aplicación o Proxecto Abalar trata de integrar os servizos da sociedade dixital en Galicia nun eido tan importante coma é o ensino. Así, dende a propia aplicación é posible coñecer os seguintes datos:
- Acceder aos datos persoais e aos datos do centro educativo no que estudan os rapaces
- Consultar as cualificacións dos rapaces e rapazas, as súas faltas de asistencia ou as faltas de conduta
- Solicitar unha cita de titoría, así como consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
Se queres saber se o centro educativo do teu cativo ou cativa está dentro dos beneficiarios desta app podes consultar a base de datos.
Empregar esta aplicación é máis sinxelo que empregar un ordenador; mentres que o acceso a través da computadora require de internet e un certificado dixital, o acceso dende o móbil so require conexión de datos.
A aplicación pode descargarse de balde nas principais tendas de android e ios (iPhone) ou podes empregar os códigos QR que aparecen a continuación




Pingback: A dixitalización do ensino chega a todas as aulas de 5º e 6º de primaria, ESO e Bacharelato - Xente Dixital