A aplicación do mes: Sendegal

Sendegal

O verán é tempo de praia pero tamén de montaña e de rutas de sendeirismo. Coñecedes Sendegal? Dispoñible para Android e iOS, permite coñecer as rutas oficialmente homologadas de Galicia para o sendeirismo. Inclúe perfil topográfico, grao de dificultade e valoracións e comentarios útiles doutros usuarios.

Sendegal é unha aplicación de Turgalicia para promover e potenciar a actividade do sendeirismo como unha maneira de achegarse aos espazos naturais e ao patrimonio etnográfico e monumental de Galicia.

Para cada senda, a app dispón dos planos da ruta que poden descargarse ou gravarse previamente na memoria do teléfono para consultalos offline. Se activamos o servizo de ubicación do teléfono poderemos seguir a ruta sen dificultade.

Sendegal incorpora un modo de buscas por listado ou mapa que nos da información sobre: lonxitude da ruta, tempo estimado do percorrido, grao de dificultade, perfil topográfico, imaxes e outros datos de interese e valoracións ou comentarios doutros usuarios.

Por último, están dispoñibles os perfís propios da aplicación nas principais redes sociais especializadas en sendeirismo: Every Trail, Wikiloc e ikiMap. Aquí tamén podemos descargar directamente ao dispositivo móbil as rutas homologadas en Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.