Xa que estamos no verán, en Xente Dixital inauguramos unha nova sección, na que vos presentaremos unha aplicación das que dispón a Xunta para o uso dos cidadáns.
Tes un smartphone ou teléfono intelixente? E a que tardas para facerte cun? Así poderás facerte coa aplicación MeteoSix, a aplicación que che permitirá acceder á predición meteorolóxica e oceanográfica para calquera punto de Galicia e arredores, dende o teu móbil android ou iphone.
Nesta completa aplicación poderás consultar os datos atmosféricos de calquera lugar, entre os que destacan:
- Estado do ceo
- Temperatura
- Precipitacións
- Velocidade e dirección do vento
- Cota de neve
- Cantidade de neve
- Humidade relativa
- Cobertura nubosa
- Presión
- Altura, período e dirección de onda
- Temperatura da auga
- Salinidade da auga
Ademais, permite gardar as procuras como “favoritos” para recuperalas instantánemente.
O seu carácter diferenciado con respecto doutras aplicacións é o seu carácter xeorreferenciado. É capaz de utilizar os datos de posicionamento do teu terminal para ubicarte no mapa e amosarche a información meteorolóxica do lugar onde te atopas. A información que se amosa para un punto son as saídas dos modelos de predición numérica para ese punto, cunha precisión aproximada duns 4 quilómetros.
Se este verán non vas á praia, non lle poñas excusa ao tempo. E se no inverno non saes con paraugas, agora xa non tes disculpas!
Descarga a APP

