Abertos é o portal Open Data da Xunta de Galicia. Nace co esforzo das administracións en adoptar progresivamente o concpeto de administración electrónica ou goberno electrónico, co gallo de facilitarlle á cidadanía os seus trámites administrativos e darlle un maior control sobre os seus expedientes, mellorando a transparencia da administración.
Para a participación activa da cidadanía, debe contar previamente con toda aquela información pública que lle permita interpretar e analizar as actuacións a valorar , algo que pode posibilitarse grazas aos Datos Abertos.
A continuación, contámoches o que podes atopar neste portal
Catálogo
A través do catálogo podes buscar os datos que precises (por temas, contido, formato ou fonte de datos) e mesmo subscribirte por RSS para poder acceder ao conxunto de datos a través dun listado de datos.
O catálogo é amplo e variado, e nel podes atopar dende o mapa das estacións meteorolóxicas e oceanográficas, ata os datos das eleccións ao parlamento de Galicia (dende o ano 2001 ata a actualidade) e poden ser descargados en múltiples formatos (xls, csv, klm…) para que poidan ser utilizados por aplicacións de terceiros.
Condiciones de uso
Para facer uso dos datos, lóxicamente, existen unhas condicións de uso. Como se trata de datos abertos, publícanse (salvo que se diga o contrario, baixo os termos da licenza Creative Commons Recoñecemento (CC-by 3.0 http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/es/legalcode.gl), que permite que os datos:
- Se poidan copiar, distribuír e divulgar publicamente
- Poidan servir como base a obras derivadas como resultado da súa análise ou estudo
- Poidan utilizarse con fins comerciais e non comerciais.
Ideas
A través desta sección poderás acceder ás experiencias que xa están en marcha (actualmente, 11), coma o MeteoSix, unha aplicación para móbiles (android e ios) que permite consultar a predición meteorolóxica e oceanográfica proporcionada por Meteogalicia.
Preguntas máis frecuentes
A pesares de ser o último apartado, ben podía ser o primeiro. Pasa por esta sección para respostar as preguntas frecuentes que, ben seguro, tes algunha e pode ser respostada a través desta guía.
Atopaches algunha información de interese no catálogo? Que suxerencias de mellora incluirías?

