Abalar chegará a 2.800 aulas máis

abalar

En Xente Dixital xa vos falamos moitas veces do Proxecto Abalar. A iniciativa, impulsada pola Amtega e a Consellería de Educación, dá un paso máis e dixitalizará 2.800 aulas de 870 centros públicos para chegar a 50.000 estudantes máis. Conseguirase un 100% de aulas públicas dixitais en 5º e 6º de primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.

Os 2.800 kits de aulas dixitais están compostos por encerado dixital interactivo, vídeo proxector, ordenador portátil para o profesor e conectividade na aula. A idea é iniciar a dotación no último trimestre do ano.

A dixitalización das aulas, o uso de recursos dixitais na aula –eixo no que se desenvolve o programa de libros dixitais eDIXGAL–, a difusión e emprego das TIC na comunicación –onde se enmarca a aplicación abalarMobil–, e a formación do profesorado, son os 4 eixos de actuación de Abalar. Como se está a traballar na formación dos docentes?

Formación para o profesorado

O Plan de formación do profesorado realizou ao redor de 1.200 actividades, presenciais e a distancia, das que se beneficiaron máis de 23.000 docentes. Ademais, a canle social Redeiras xa conta con preto de 10.500 usuarios e afiánzase como medio de comunicación e difusión de proxectos entre o profesorado.

Por último, Navega con Rumbo, iniciativa para concienciar a profesores, pais e alumnos nun uso seguro da rede, chegou xa a 900 centros educativos.

abalarMóbil

Xa descargastes abalarMobil? Dispoñible para Android e iOS, permite que as familias poidan consultar nos seus dispositivos móbiles a información dispoñible no espazoAbalar. O único requerimento é dispoñer dun dispositivo móbil con conexión de datos, descargar a app e rexistrarse.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.