O Centro Demostrador TIC non diminúe a súa actividade. Velaquí van tres cursos de Odoo que serán moi útiles para empresas e que se desenvolverán antes de rematar maio.
O contorno actual, cada vez máis competitivo e variable, obriga a adoptar solucións cada vez máis avanzadas e dotar os clientes das mellores ferramentas para situarnos un paso por diante da competencia.
Odoo e o desenvolvemento baixo licenzas de código aberto permiten afrontar esta realidade con custos realmente baixos, poñendo ao alcance das pemes recursos que doutra maneira só estarían a disposición de grandes corporacións.
Como optimizar a produción e a loxística con Odoo (Vigo)
- Presentación práctica dos novos módulos de Odoo para a xestión avanzada dos almacéns e a produción.
- Explicación do funcionamento básico e da configuración de OdooMRP.
- Exposición dun caso de produción e configuración inicial do proceso produtivo.
- Realización dun exercicio práctico.
Xestión práctica das vendas dunha empresa comercial: Odoo vendas (Ourense)
- Presentación práctica dos módulos de Odoo para a xestión comercial, administrativa e loxística dunha empresa de compra-venda de produtos.
- Explicación do funcionamento básico e da configuración de módulos de Odoo: vendas (backoffice, TPV, e-commerce), almacén, compras, contabilidade.
- Exposición dun caso de xestión comercial, administrativa e loxística.
- Realización dun exercicio práctico.
Xestión práctica dunha empresa de distribución alimentaria con Odoo (Coruña)
- Presentación. Odoo e o desenvolvemento Open Source
- Odoo a vista de paxaro. Unha ferramenta multiusos
- Demostración práctica da adaptación de Odoo a empresas de distribución alimentaria
- Flexibilidade para adaptarse a distintas necesidades
- Vendas e política de prezos
- Venda en mobilidade. App para Android
- Rutas de distribución. Integracións e reparticións
- Xestión avanzada de almacén (SGA). Picking, almacenaxe, recepción, etiquetaxe, integración con pistola lectora CdB, control de operacións, tempos, etc.
- Posibilidade de venda B2B


