Que mellor maneira de completar o verán que visitando algún dos parques naturais que temos en Galicia? Na Google Play ou na Apple Store podedes descargar a aplicación da Xunta Parques Naturais de Galicia.
É unha guía creada pola Xunta de Galicia sobre o Parque Nacional e os 6 parques naturais existentes na Comunidade.
A guía enumera e localiza os principais recursos ambientais e turísticos do Parque Nacional das Illas Atlánticas, do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo, das Fragas do Eume, da Baixa Limia e a Serra do Xurés, do Monte Aloia, do Invernadeiro e da Serra de Enciña da Lastra.
A aplicación contén máis de 500 fichas con fotos e información sobre a paisaxe e o patrimonio natural e cultural:
- Descrición xeral, grados de protección e formas de acceso. Información intersante, por exemplo, cando se necesita autorización administrativa para a visita ou cando a afluencia está regulada.
- Información sobre a mellor maneira de facer a visita, clima, servizos, equipamento, etc.
- Descrición do hábitat protexido e das especies de flora e fauna.
- Indicacións sobre o patrimonio arquitectónico, histórico e etnográfico de cada zona.
- Rutas de sendeirismo oficiais xeolocalizadas e con información sobre dificultade, distancia, percorrido, etc.



Este tipo de traballos de divulgación son moi necesarios….