Aplicacións para San Valentín

Unha procura sinxela por Google Play, a tenda de aplicacións de Android, revela moitas aplicacións para San Valentín. Coincidindo coa fin de semana que máis celebran os namorados, dende Xente Dixital ofrecémosche algúns recursos tecnolóxicos para o 14 de febreiro.

Fonte: publimetro.cl

Fonte: publimetro.cl

Para os que tedes parella…

Aplicacións de mensaxería so para dous. Podes probar algunha destas aplicacións privadas de mensaxería que incorporan un chat e un calendario, como Couple (para AndroidiOS ou 2gether (para Android e iOS). Unha auténtica rede social para compartir a intimidade da parella… so para dous.

Tonos románticos no móbil. Sorprende á túa parella cambiando o son de chamada do teu teléfono. A música nunca falla, así que podes empregala… no teu teléfono móbil.

Frases, citas e poemas. Se non se che dá ben iso de coser palabras de amor ou compoñer frases bonitas, podes descargar esta aplicación; recolle un conxunto de frases, citas e poemas sobre a temática do amor.

Retrata o teu amor. Elabora unha fotomontaxe ou composición para enmarcar as túas fotografías. Ti e maila túa parella seredes os protagonistas da vosa historia de amor, tamén no teléfono móbil.

… e para os que non tedes parella

Se non tes parella, ofrecémosche algunhas aplicacións para buscala. Velaquí as apps para móbiles que revolucionaron as relacións sentimentais. Algunhas nacen como portais web de contactos, pero a migración ao móbil fíxoas reconverterse aos dispositivos portátiles. É o caso de Meetic, eDarling ou Badoo.

No entanto, tamén hai apps que nacen en plena era do smartphone. Tinder foi a última en chegar e a que máis controversia está a xerar; o seu sistema de “gústame / non me gusta” permite que dúas persoas que amosan unha atracción previa – en base a unha fotografía – poidan contactarse mutuamente.

A min este día non me gusta                            

Pois tamén hai un oco para ti! Neste caso, recomendámosche as apps que publica AndroidPit para pasar un San Valentín sen parella.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.