Aplicacións educativas obrigatorias

Despois de falar dos dispositivos, o seguinte é descargar algunhas aplicacións útiles para a volta ao cole. Hoxe interactuamos con móbiles, tablets e, cada vez máis, cos ordenadores, a través das aplicacións. Trátase de facer unha lista de apps acorde ás nosas necesidades e intereses. Aproveitamos o post para presentarvos 4 aplicacións imprescindibles, gratuítas e dispoñibles para Android e ios, para calquera estudante.

appsDropbox. Servizo para almacenar e compartir na rede documentos, fotos, vídeos, etc. Como calquera aplicación, podemos acceder á nosa dropbox a través de calquera dispositivo. É a app perfecta para compartir fotos e vídeos de calidade con calquera en calquera parte do mundo; chega con compartir o enlace do arquivo ou carpeta que queiramos.

Google Drive. Podes gardar e, sobre todo, compartir documentos de texto, presentacións, etc. Dous usuarios en distintos sitios poden acceder e incluso editar ao mesmo tempo, un mesmo documento. Aplicación imprescindible para traballar en equipo.

Wunderlist. É a maneira máis sinxela de xestionar e compartir listas de tarefas. Compatible con todos os dispositivos, está pensada para, por exemplo, compartir con amigos, compañeiros de traballo, etc., unha lista de obxectivos dun proxecto en común.

Duolingo. É unha das moitas aplicacións creadas para axudarnos a aprender idiomas. Sinxela, gratuíta e divertida; a modo de videoxogo, supera probas, fases e niveis para aprender cada vez máis. Entre os idiomas dispoñibles están o castelán, o inglés, o alemán, o francés e o portugués.

Son só algunhas das moitas aplicacións ao alcance do voso móbil ou da vosa tablet. O seguinte paso é descargar as que máis vos axuden no tempo de ocio e de traballo.

4 comentarios

  1. oscar

    Yo destacaría tb Moodle como una de las plataformas educativas más potentes y versátiles de código abierto.
    Saludos

    Reply

Deixa una resposta a Pitagoras Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.