Como contribúen as novas tecnoloxías á planificación das viaxes? A resposta en Fitur 2015

As vacacións de Nadal están moi preto e en Xente Dixital preguntámonos como están a influír as TIC na planificación das viaxes. A cuestión abordarase en profundidade na Feira Internacional de Turismo, FITUR 2015, que se celebrará en Madrid entre o 28 de xaneiro e o 1 de febreiro.

Segundo SITA, especialista en transporte aéreo, e Air Transport World, preto da metade dos viaxeiros a nivel mundial emprega o seu dispositivo móbil para as súas reservas de viaxes e o 37 % para mercar billetes de avión. Esta integración tradúcese nun volume de ventas que se quintuplicará nos próximos 3 anos.

Kayak

Kayak, aplicación para buscar e reservar voos, hoteis e coches

Un estudo de Tapjoy di que o 35 % dos usuarios emprega os dispositivos móbiles para buscar información da viaxe e o 24 % para localizar ofertas e promocións. Ademais o 21 % reserva o hotel e o 16 % o voo a través do teléfono móbil.

Aposta pola innovación

Máis alá da tecnoloxía móbil, segundo PhoCusWright, o turismo servirase de tecnoloxías de recoñecemento de movementos e xestos, de procesamento da linguaxe e asistencia durante a viaxe, de realidade aumentada e accesorios intelixentes. Empregaranse para deseñar a experiencia no destino e no hotel, que poderá comunicarse de maneira máis directa e personalizada cos seus hóspedes.

FITUR 2015 tamén aposta pola innovación acollendo a varias empresas que expoñerán solucións tecnolóxicas para a planificación de viaxes. Cando visitedes a feira buscade os posts de, entre outros, AGA Online Services, Idiso Hotel Distribution, Wifisafe ou Gestión de Archivos Turísticos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.