Como usa Google os nosos datos persoais?

politicaprivacidad

En xuño escribiamos sobre o dereito ao esquecemento na rede. Para responder á pregunta de como usa Google os nosos datos persoais, faremos o que nunca facemos: botar un ollo á política de privacidade. Ademais, o mércores falarémosvos do estudo “Privacy Index”: queremos máis privacidade pero non protexemos os nosos datos persoais.

Como usa Google os datos que recolle

Google emprega a información que recolle para “proporcionar servizos, mantelos, protexelos e melloralos”. Pero tamén para ofrecer contido personalizado como resultados de busca e anuncios relevantes.

Poden usar o nome que proporciones para o perfil de Google en todos os servizos nos que sexa necesario dispoñer dunha conta de Google. Dito doutra maneira, se tendes unha conta en Google, xa dispoñedes de perfil en Google +, Youtube, etc. Se un usuario dispón do noso enderezo de correo electrónico ou de datos que sirvan para identificarnos, Google amosaralle os datos do noso perfil público: nome, fotografía, etc.

Segundo Google empregan a información que recollen de cookies e outras tecnoloxías para “mellorar a experiencia de usuario”. Ao gardar as preferencias de idioma, por exemplo, ofreceranos todos os seus servizos no idioma que prefiramos.

Por último, Google pode combinar información persoal dun servizo con outro tipo de información, incluída información persoal, doutros servizos de Google. Serve, por exemplo, para que sexa máis doado compartir información coas persoas que coñecemos.

Que información comparte Google?

Google di que “non compartimos información persoal con empresas, organizacións ou particulares que non teñan relación con Google”. Pero establece unha longa lista de excepcións. A primeira é que non compartirán información persoal, a non ser que deamos o noso consentimento.

Ademais, entre outras excepcións, proporcionan información persoal de usuarios a afiliados, persoas ou empresas da súa confianza que deben seguir as súas instruccións e amosar a súa conformidade coa política de uso de datos.

Pode que pronto volvamos a analizar a súa política de privacidade para, por exemplo, saber como protexen os nosos datos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.