Consellos para unha tenda online en rebaixas

vistemicocina

Imaxe vistemicocina.com

Ultimamente sodes moitos os que decidistes probar sorte abrindo a vosa propia tenda online. Chegan as rebaixas e a oportunidade de atraer clientes con medo ás aglomeracións. En muypymes.com recollen 5 consellos fundamentais para as rebaixas na vosa tenda en liña.

1. Descontos como clave. É a forma máis habitual para promocionar un produto. Adoitan oscilar entre o 25 e o 75% e dependerá da marxe de beneficio e do total de ventas que esperemos facer.

vistemicocina_promo

2. Cupóns regalo e concursos. Os cupóns son unha maneira efectiva para chamar a atención e atraer clientes. Se lles gustou o que viron ao facer uso do cupón regalo é moi probable que volvan. Os concursos axúdannos a dar a coñecer a marca, a involucrar ao cliente. As redes sociais son as canles idóneas para desenvolver este tipo de estratexias.

3. Promocións por atracción. Os packs de produtos son perfectos para chamar a atención dos usuarios. Favorecen as vendas e o aforro dos clientes potenciais. Ademais tamén podedes facer promocións 2×1 ou dar un agasallo aos clientes que gasten máis dunha cantidade determinada por vós.

4. Atención ao cliente e devolucións. É fundamental coidar a atención ao cliente: responder aos correos, conversar con eles en redes sociais, etc. Tamén temos que deixar clara a política de devolucións, ofrecer facilidades para a devolución dun produto.

5. As redes sociais. Empréganse cada vez máis como canal de venda pero son, sobre todo, unha oportunidade para informar, para chamar a atención a través de promocións e concursos e para levar tráfico á tenda online.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.