Estes son os cinco proxectos emprendedores seleccionados na III Edición do ‘Vodafone Connecting For Good Galicia’

Comeza o outono e volve unha nova edición do ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’, a iniciativa da Fundación Vodafone España en colaboración con Vodafone e a Xunta de Galicia que busca apoiar a aqueles proxectos de emprendedores que contribúan á innovación social facendo uso da tecnoloxía.

O xurado desta terceira edición, composto por membros da  Amtega,  GAIN,  XesGalicia,  Vodafone España e a Fundación  Vodafone España, seleccionou novamente cinco proxectos emprendedores entre todas as candidaturas recibidas.

Estes cinco  proxectos poderán beneficiarse dun plan de formación de polo menos seis meses sobre modelo de negocio, ademais de dispoñer dun espazo reservado no lugar de  coworking ‘Vodafone  Connecting  for  Good’ situado na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Ademais,  estoys proxectos contan cun patrocinio de 2.000€ outorgado pola  Axencia  Galega de Innovación ( GAIN) para a posta en marcha do seu proxecto ademais do acceso para axudases para a formación e contratación de persoas con algún tipo de diversidade funcional grazas á Fundación  Vodafone España.

O mellor proxecto poderá optar á concesión dunha axuda de 25.000€ da Xunta de Galicia, destinada para a súa execución e a posta en marcha do proxecto. Ademais, a Fundación  Vodafone España entregará o premio “Conectados  pola  Accesibilidade” dotado con 10.000€ ao proxecto que mellor incorpore os principios de  accesiblidade universal

Os cinco proxectos seleccionados para a III edición do ‘ Vodafone  Connecting  for  Good Galicia’ son:

  • Atlante Medical – Plataforma online da xestión da medicina dixital, como fonte de comunicación entre hospitais, laboratorios, e outros integrantes do ecosistema, para resolver os problemas da seguridade da información, a trazabilidade do proceso, erros e a carencia dun ecosistema que fomente innovación.
  • CropDeal – Plataforma de oferta e demanda por volume, que garante a calidade (mediante certificación) e optimiza a venda das materias primas agrarias. Así, os agricultores ofrecende maneira segura os seus bens e eliminan intermediarios e os compradores logran garantía de calidade do produto.
  • feedcoo – Plataforma dixital que favorece o asociacionismo dos pequenos produtores rurais para crear un colectivo dixitalizado que lles permita acceder aos servizos necesarios para a produción a unha escala global e a un custo mínimo. Ademais, na plataforma promóvese a innovación a través da economía colaborativa xerada por campañas micromecenado de produtos novos ou moi singulares para reducir o risco económico que supón crear un novo produto.
  • FisioAdvisor – Plataforma online de procura de fisioterapeutas profesionais colexiados na que o usuario pode consultar a reputación nos seus tratamentos con outros pacientes.
  • Quero Un Avó – Plataforma onde se poñen en contacto a persoas maiores que lles gustan os nenos e queren exercer de avós e avoas con familias cuxos fillos/as non teñan a sorte de ter aos seus propios avós/as ou non os teñen preto.

En Xente Dixital | Vodafone Connecting For Good Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.