Se tienes un smartphone, seguro que tienes que cargar el teléfono todos los días o en días alternos. Hoy en Xente Dixital repasamos algunos consejos para que puedas alargar al máximo la vida de la batería de tu teléfono.
Olvídate del “efecto memoria”…
Iso acontecía coas baterías anteriores ás da xeración actual. Cargabas o teléfono ata o 80% e o terminal “pensaba” que ese era o 100% (de aí o de efecto memoria). Iso xa non acontece, así que non tes por que cargar o teléfono completamente.
… pero calibra a batería cada certo tempo
Con todo, é preciso calibrar a batería cada certo tempo (un par de veces ao ano?). A solución máis sinxela para calibrar a batería é deixar que se esgote, esperar un par de horas e cargar novamente o terminal ata ao 100%. Así aseguras que o que marca o indicador de batería é o que a batería realmente ten.
Non deixes esgotar a batería
Aínda que entre en conflito co consello anterior, o que queremos dicir é que non é bo que deixes descargar a batería por completo constantemente, porque iso afectaría ao comportamento da mesma.
Se vas a deixar o teléfono apagado durante un período de tempo longo, nin completamente chea nin completamente baleira.
Polo mesmo motivo que non é bo descargar a batería completamente, se o teléfono vai a quedar nun caixón durante un período longo de tempo, a batería mellor mediada, nin cargada de todo, nin descargada. Fixácheste que, cando mercas un teléfono, a batería ven con “algo de carga”? Pois é para que a batería non se dane.
Ollo coas temperaturas (tanto altas como baixas)
Nin deixes o teléfono ao sol durante moito tempo, nin o metas na neveira. Ben, pode parecer un consello extremo, pero é que as temperaturas extremas son un problema que afecta ao rendemento da batería
Emprega cargadores axeitados
Homologados, sempre. As baterías son elementos perigosos se se manipulan de xeito erróneo.
E sempre que posible, na corrente eléctrica convencional
A corrente eléctrica convencional é máis estable que a que poden ofrecer, por exemplo, os ordenadores a través dos portos USB. Sempre que posible, cargador na corrente eléctrica, no canto de empregar o cable USB conectado ao ordenador.
Con estes consellos, seguro que a batería pode estirar a súa duración e manterse a pleno rendemento durante máis tempo.
Empregas algún outro truco ou dásnos un novo consello? As túas achegas fan máis interesante este espazo!


