Dentro do software libre existe unha gran variedade de aplicacións que se empregan para tarefas ofimáticas. Probablemente, algunhas das aplicacións das que falaremos hoxe son empregadas polas universidades ás que nos referíamos onte.
Todas estas suites de ofimática conteñen as ferramentas básicas para desenvolver o traballo do día a día nunha oficina. Dende un procesador de textos, unha folla de cálculo ou un xestor de presentacións. Velaquí che presentamos dúas suites de software libre e unha de software propietario, pero gratuíta para os usuarios.
Libre Office
LibreOffice xurde en 2010 coma unha escisión de OpenOffice. Esta suite de ofimática foi descargada arredor de 55 millóns de veces, e está dispoñible en máis de 120 idiomas, incluído o galego.
Esta é a aplicación que se está ensina na rede de aulas CEMIT e que se emprega na Xunta de Galicia.
Apache OpenOffice
Trátase, posiblemente, da suite máis empregada do mundo do software libre. Está dispoñible en galego e foi descargado máis de 100 millóns de veces en todo o mundo.
Kingsoft Office
Esta suite ofrece tres versións simplificadas dos programas con máis éxito de Microsoft Office: un procesador de textos (Writer), unha folla de cálculo (Spreadsheets) e unha ferramenta para preparar presentacións (Presentation).
Ao contrario das dúas anteriores, este conxunto de ferramentas é gratuíto, pero non é software libre.
Coñeces a Certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX)? Dentro das competencias necesarias para a súa obtención destaca un módulo formativo en ofimática, para o cal se emprega unha suite de ofimática de software libre (LibreOffice). Podes descargar o material formativo na web de Mancomún e mesmo se contempla a opción da automatrícula dende a plataforma de teleformación da rede CeMIT.
Xa tes un motivo máis para pasarte ao software libre.

