Guía practica | liberar espazo de almacenamento no móbil

Se posúes un teléfono móbil con pouca capacidade de almacenamento saberás de que estamos a falar. O espazo no teléfono móbil pode ser unha dor de cabeza, así que che propoñemos algunhas accións a levar a cabo para liberar espazo de almacenamento no móbil

declutter-your-devices-4095-con-940x360-hero

Instalar so aplicacións necesarias

É a primeira premisa lóxica. Se non vas a empregar a aplicación, ou o vas a facer en momentos moi puntuais, desinstálaa do teu teléfono. Ese espazo que ocupa podería ser mellor empregado noutra aplicación ou noutros datos, como fotografías.

Desinstalar as aplicacións que veñen preinstaladas no teléfono e son innecesarias… se podes!

Non sempre é posible desinstalar as aplicacións que veñen de serie nos teléfonos móbiles (ese “software inflado” coñécese co nome de bloatware). Son programas que veñen preinstalados, propiedade do propio fabricante ou software de proba incluído no sistema. Este tipo de software, cando non é útil, ocupa moito espazo. Ademais, son programas que ralentizan os equipos.

Desactivar a descarga de arquivos en aplicacións de mensaxería

Sobre todo se empregas WhatsApp. As copias de seguridade que crea inclúen fotografías e vídeos que, en moitos casos, poderías eliminar unha vez que están vistos. Para iso, desactiva as opcións de autogardado de ficheiros multimedia. Iso axudará tamén a que teñas unha biblioteca de fotografías máis limpa.

Emprega servizos da nube                     

Se tes pouco espazo no teléfono poderías empregar servizos na nube. Por exemplo, en vez de ter a colección de música no teléfono, poderías escoitar a música en streaming con Spotify. Iso si, ollo coa conexión de datos que tes

Borra cachés e outros arquivos lixo

Unha das solucións máis útiles. Como todos os equipos informáticos, os teléfonos móbiles precisan dun mantemento específico. Unha das mellores cousas que podes facer é empregar aplicacións para eliminar caché e outros arquivos lixo. Por exemplo, CCleaner ou Clean Master.

Borra as fotografías duplicadas

Moitas veces temos fotos practicamente duplicadas, así que podes empregar aplicacións como Duplicate Photos Fixer que detectan as fotografías parecidas para que poidas borrar todas menos unha, e aforrar espazo.

E ti, sabes outra forma de aforrar espazo? Cóntanola!

Fonte: Hipertextual

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.