Se onte falabamos de que é o marketing online e poñiamos algúns exemplos de tendencias actuais, hoxe repasamos algúns dos posts escritos nos que vos falabamos, entre outras cousas, de que mercamos na rede e de como mercar online de forma segura.
A finais de 2013 o INE (Instituto Nacional de Estadística) presentaba os datos sobre equipamento e uso das TIC en España no 2013. En Galicia, o 21,2% da poboación adquiriu algún produto ou servizo a través de Internet. Do total de compradores online en España, o 48% reservamos o aloxamento para as vacacións na rede, o 44,5% contratamos outros servizos para viaxes (billetes de transporte público, aluguer de coches, etc.), o 36 % mercamos entradas para espectáculos e o 21% consumimos libros, revistas e xornais.
Tamén vos demos algúns consellos para mercar online de forma segura. Seguro que poucos empregades o método de pagamento da tarxeta prepago; é o método máis seguro porque transferimos só o que imos gastar aínda que non vos esquezades de preguntar no banco polas cuotas e comisións. A maioría usamos tarxetas de crédito ou débito e debemos asegurarnos de que empregan un sistema de compra seguro.
Ademais falabámosvos dalgún sistema alternativo como PayPal. É un sistema de pagos que garda os nosos datos bancarios. É rápido, sinxelo e, sobre todo, seguro.
Por último, ademais do método de pagamento, non está de máis repetir algúns consellos de seguridade básicos como protexer as compras a través dos dispositivos móbiles, na Google Play ou en iTunes, cun contrasinal, empregar un software de seguridade actualizado ou borrar os datos persoais e bancarios das tendas nas que non merquemos habitualmente.




ola
Ante todo muy buen blog y muy informativo.
También trabajo con una tienda on line.
Y la verdad que lleva un curro muy grande
en mi tienda trabajamos con móviles chinos y si quieres alguna información estare dispuesto a ayudarte.
No se si haceis algún review de articulo?
Un saludo
Un saludo