Mancomún, o portal de referencia para as iniciativas de software libre en Galicia

O mancomún é un termo que se refire a unha unión de persoas, esforzos, institucións… para acadar unha finalidade, un servizo ou solucionar un problema común. Sabías que o 25% dos montes galegos corresponde a monte veciñal en mancomún?

O mancomún é algo arraigado na nosa terra, así que… qué mellor nome para referirnos ao portal de referencia do software libre en Galicia.

En http://www.mancomun.org/ atoparás a información necesaria para poñerte ao día neste mundiño.

Mancomún pretende servir como portal de referencia e aglutinador de todas as iniciativas sobre software libre que se están a desenvolver en Galicia, independentemente do ámbito ao que se adscriban: institucional, educativo, voluntariado… todas as iniciativas teñen cabida.

Dende Xente Dixital convidámoste a que explores o portal. Ben seguro que atopas algo que sexa do teu interese.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.