Os próximos cursos da CeMIT, sobre redes sociais, busca de emprego ou uso do smartphone

cdtic

Compartimos como todos os meses a oferta de cursos da Rede CeMIT. Podedes aprender a tirar proveito do voso móbil, mellorar en redes sociais ou na xestión do voso negocio. Consultade cal é a aula CeMIT máis cercana e o calendario de cursos. Lembrade que podedes achegarvos á aula do voso concello propoñer que se celebre algún curso que vos interese.

Seguro que na vosa familia hai quen necesita aprender a usar o seu novo smartphone. En Ames, do 30 de novembro ao 2 de decembro, impartiranse 4,5 horas de formación nas que resolver todas as dúbidas posibles. Se o problema está nas redes sociais, a cita é en Vimianzo do 30 de novembro ao 14 de decembro. Consultade o calendario porque para o curso sobre redes sociais hai máis dunha data dispoñible.

A principios de decembro, en Ponteareas, impartirase un obradoido sobre busca de emprego; mecanismos para a busca de emprego a través de internet. A formación será entre os días 1 e 4 de decembro, das 16:00 ás 19:00.

De Ponteareas imos ata Redondela. O día 1 de decembro terá lugar un seminario sobre seguridade en internet para pais e nais. 3 horas (das 17:00 ás 20:00) para resolver dúbidas sobre como garantir a seguridade dos máis pequenos na rede.

Por último, anotade a actividade “ERP: Xestión de Empresa” para o día 2 de decembro na CeMIT de Vigo e a actividade “Videoconferencia Big Data: compoñentes, tecnoloxías e casos de uso”, o mesmo día en Leiro. Queredes mellorar a xestión do voso negocio a través das novas tecnoloxías?

Se vos interesa algún dos cursos non deixedes a inscrición para a última hora. As prazas son limitadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.