Que son os serious games?

seriousgames2O primeiro en definilos foi Clark Abt no seu libro Serious Games, no ano 1970. No 2005, Mike Zyda incorporou a definición ao seu artigo From Visual Simulation to Virtual Reality to Games: ‘proba mental, levada a cabo frente a unha computadora dacordo cunhas regras específicas, que usa a diversión como modo de formación gobernamental ou corporativo, con obxectivos no ámbito da educación, da sanidade, da política e da comunicación estratéxica’. Son videoxogos que buscan algo máis que entreter.

Clasificación

Julián Álvarez e Olivier Rampnoux, do European Center for Children’s Products, da Universidade de Poitiers, propoñen 5 categorías:

  • Edutaintment games. Xogos educativos.
  • Advergaming. Xogos destinados á promoción dunha marca.
  • Subergames. Xogos de crítica e denuncia contra unha gran empresa, por exemplo.
  • Xogos de simulación. Xogos creados, entre outros fins, para o entrenamento de corpos de seguridade.
  • Edumarket games. Poden englobar varias das categorías anteriores.

Dentro destas categorías inclúense os newsgames, xogos periodísticos, os art games, que fomentan a creatividade artística, ou os games for health, xogos para a saúde pensados, por exemplo, como terapia psicolóxica ou para a rehabilitación física.

Fun & Serious Game Festival

Creouse no 2011 para recoñecer aos mellores videoxogos de ocio e serious games do ano. Este ano a cita é do 25 de novembro ao 1 de decembro en Bilbao. Botamos un ollo aos serious games gañadores na edición do ano pasado:

  • Dragon Box – Mellor videoxogo educativo. Videoxogo infantil que introduce aos máis pequenos no mundo das matemáticas. O xogador supera mundos e niveis para ver medrar aos seus dragóns.
  • Triage Trainer – Mellor videoxogo de saúde. Software desenvolvido para a formación e reciclaxe en triage –método que emprega a medicina de emerxencias para clasificar as vítimas duha catástrofe–.
  • Disney Stars (Disneyland París) – Mellor videoxogo de simulación. É unha axencia virtual pensada para axentes de viaxes encargados de vender viaxes a Disneyland París. En 8 idiomas e 5 versións diferentes, en función das costumes do país elixido, enfronta aos axentes a situacións como as que van atopar no mundo real.
  • Codex do Peregrino – Mellor videoxogo de cultura. Proxecto para achegar aos mozos o Camiño de Santiago, a súa cultura e o seu trasfondo histórico.

Agora que sabemos que os videoxogos van moito máis alá do tempo de ocio, só queda atopar a videoconsola e o xogo que máis se axuste ás nosas necesidades. A que serious game vos gustaría xogar?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.