Tecnoloxía 4G: contido audiovisual para os dispositivos móbiles

Mobile_Video_on_Apple_iPhone_5

En novembro cambiamos “dispositivo do mes” por tecnoloxía que vai atravesar dende xa os vosos dispositivos móbiles: o 4G. Que é? Quen pode acceder a ela? Para que serve?

Que é?

4G é a cuarta xeración de tecnoloxía móbil. Na teoría, podemos navegar 10 veces máis rápido que cun dispositivo con 3G, acadando picos de ata 150 Mbps. Está dirixida a usuarios que fagan un consumo intensivo de datos.

Para desfrutar desta tecnoloxía necesitades un dispositivo que a soporte, unha tarifa 4G (isto non significa necesariamente cambiar de tarifa ou pagar máis), unha SIM 4G (enviaránvola á casa ou podedes pedila nunha tenda), e que na vosa zona haxa cobertura 4G.

Efectos do 4G no consumo de vídeo móbil

estudioemarketerSegundo os datos de eMarketer, en 2015 haberá 586 millóns de dispositivos conectados con 4G no mundo (hoxe hai 356). Os datos do estudo “Mobile Boradband Forecast” indican que o dato no 2018 sería de 1.409 millóns de dispositivos 4G.

Máis calidade de navegación implica máis demanda de consumo de datos. Isto obriga ás marcas a ofrecer máis contido e de maior calidade. O maior ancho de banda e a capacidade de descarga permitirá a implantación do rich media; mellora a experiencia de usuario que pode interaccionar co contido. Nesta contorna, o vídeo móbil consolidarase como o contido máis demandado na rede.

O vídeo representa máis da metade do tráfico móbil. E os usuarios de dispositivos 4G consumiron 5 veces máis contido que o resto polo que a demanda de vídeo vai a seguir aumentando.

Pode que antes de que teñades un móbil 4G xa vos falemos da tecnoloxía 5G da que xa podedes atopar moita información na rede. Que imaxinades que poderedes facer cun móbil 5G?

Fonte: PuroMarketing.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.