As TIC como requisito fundamental

fotousb

Foto mbiebusch (Flickr)

A Consellería do Medio Rural e do Mar, en colaboración co Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, vai destinar máis de 400.000 € a proxectos dinamizadores de áreas rurais promovidos por microempresas, para o uso das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC). O Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba de publicar a convocatoria destas subvencións que son cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e xestionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

As axudas están destinadas á implantación de equipamento físico (hardware) e aplicacións informáticas, para que as microempresas aproveiten as TIC e o acceso á rede no desenvolvemento do seu negocio.

As subvencións poden chegar ata un máximo do 50% do investimento e fíxase unha cantidade máxima de 30.000€ por beneficiario. O investimento mínimo debe ser de 4.000 €.

Solucións TIC para autónomos

facturaXD

En Xente Dixital xa adicamos un post á Guía de solucións TIC en Sofware Libre para profesionais autónomos, elaborada por Agasol (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre) en colaboración coa Amtega. Lembrades para que servían ferramentas como Sugar CRM, Prestashop ou Drupal Commerce? Son aplicacións útiles para a xestión de proxectos, para a venta online de produtos… Seguro que atopades información útil para o voso negocio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.