Videoxogos e educación, condenados a entenderse?

wii libro eNos últimos posts apuntabamos a idea dos videoxogos como ferramenta educativa. Fixemos un breve repaso de xéneros no que probamos a existencia de xogos de todos os temas e para todas as idades. E empezamos esta semana falando sobre os serious games: xogos que buscan algo máis que entreter.

O grupo de investigación Nodo Educativo da Universidade de Extremadura, organizou o II Congreso Internacional de Videojuegos y Educación, que se celebrou en Cáceres a principios deste mes de outubro. O lema, Del edutaintment (xogos educativos) al aprendizaje basado en juegos digitales. Participaron grupos de investigación das universidades de Extremadura, Valencia, Oviedo e Vic.

Francisco Revuelta, director do congreso e profesor da Universidade de Extremadura, e Jorge Guerra, tamén da Unex, publicaron no 2012 o traballo ¿Qué aprendo con videojuegos? Una perspectiva de meta-aprendizaje del videojugador. Entre outras conclusións, presentan unha serie de aprendizaxes derivadas do uso dos videoxogos:

  • Elemento motivador. Os videoxogos provocan unha sensación motivadora que empuxa a seguir xogando, e aprendendo. Incrementan o rendemento dos alumnos independentemente do contido.
  • Ferramenta lúdico-educativa. Trátase de aproveitar os videoxogos e as videoconsolas para introducir temas, retos… que favorezan o proceso de aprendizaxe.
  • Problemas de concentración? Está demostrado que os videoxogos, educativos ou doutros xéneros, favorecen a concentración dos alumnos porque os expoñen a multitude de estímulos.
  • Elemento socializador. Os videoxogos contan, cada vez máis, con contido multixogador. Cooperativo ou competitivo, fomentan a comunicación entre xogadores que, a míudo, teñen que traballar en grupo para acadar os obxectivos.
  • Para a toma de decisións. Un videoxogo permítenos revivir situacións e corrixir erros, ensina a valorar situacións antes de actuar.
  • Aumentan a creatividade e a imaxinación. Conséguese mesturando temas como a literatura, o arte ou o cine, con videoxogos que nos invitan e obrigan a escoller o camiño que queremos seguir.

Tamén favorecen o a xestión de recursos, o aumento de habilidades psicomotrices, ensinan valores morales e sociais ou a traballar en equipo. Só queda escoller xogo e consola para converter tempo de ocio en tempo de ocio e aprendizaxe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.