Volta ao cole en Xente Dixital: 5 sitios web perfectos para estudantes e profesores

Superados os nervos dos primeiros días e feitas as presentacións, hoxe é un bo día para compartir con vós 5 sitios web perfectos para estudantes e docentes. Internet pode ser unha ferramenta moi útil no proceso de aprendizaxe sempre que se visiten os sitios axeitados. Tomade nota.

La clase de Miren

LaClasedeMiren

Cancións, xogos, contos, lecturas… La Clase de Miren é o blog dunha mestra de educación infantil que comparte na rede os recursos que emprega para o seu traballo e información dos proxectos nos que participa.

La Eduteca

LaEduteca

Gañador do premio ao mellor blog de recursos educativos SIMO Educación no 2013, La Eduteca é un espazo cheo de recursos para estudantes de primaria, con propostas de actividades, e con artigos e reportaxes de interese actualizados.

wwwhat’s new

wwwhatsnew

Nesta páxina web non só ides atopar contidos educativos pero convén visitala de cando en vez para estar informado sobre ferramentas, aplicacións, etc., interesantes para estudantes e profesores. Se entrades agora atoparedes información sobre un xestor de proxectos ou sobre unha app para crear xogos para móbil e ordenador sen necesidade de ter coñecementos de programación.

Justifica tu respuesta

JustificaTuRespuesta

Neste caso o blog atoparedes, sobre todo, consellos para docentes. Pero ademais contén información sobre técnicas de estudo, novas tecnoloxías, resolución de conflitos ou aprendizaxe colaborativo.

espazoAbalar

espazoAbalar

Xa vos falamos moitas veces do espazoAbalar pero tiñamos que incluilo na lista de recursos web imprescindibles para estudantes, docentes e familias. Que podedes atopar no espazoAbalar? Contidos para alumnado, familias e profesores, información de actualidade, acceso ás últimas experiencias TIC desenvolvidas nas aulas galegas, etc.

Fonte: tiching, El Blog de Educación y TIC.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.