A Axencia de Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada con vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecementos e innovación en saúde en Galicia.
En síntese, ACIS quere converterse no instrumento de referencia para os profesionais do sistema público de saúde de Galicia, porque, neste caso, o coñecemento é saúde.
Os eixos sobre os que pivota esta web son:
- A formación dos profesionais sanitarios.
- A investigación en saúde.
- A innovación baixo un enfoque aberto para que os resultados cheguen do laboratorio á cama do paciente e tamén ao mercado, con retornos económicos que reverterán na sanidade pública.
- A avaliación de tecnoloxías para garantir a aplicación das máis novas baixo criterios de máxima seguridade.
Tes algún parente ou coñecido que traballe no eido da sanidade? Envíalle a web, seguro que atopa algunha referencia interesante.


Tengo un familiar que tarabaja en Investigación en un laboratorio. seguro que le interesa. buena publicación
Gracias, Pako!