eMonte.es, a plataforma online para vender madeira entre particulares e empresas

emonte

Hai unhas semanas presentouse eMonte.es, unha iniciativa moi interesante que busca ser o punto de referencia para todas as persoas galegas que desexen vender e comprar madeira. Esta plataforma busca aumentar a actividade do mercado de compra/venda de madeira e desa maneira, incrementar a competitividade nun mercado definido polo localismo e a variación esaxerada de prezos.

A plataforma é moi sinxela: se posúes madeira para vender, o único que tes que facer é rexistrarche e introducir a cantidade de produto que dispós e o prezo de saída. Este rexistro é totalmente gratuíto, tendo unicamente que pagar unha penalización se se rexeitan ofertas de compra, xa que o obxectivo da plataforma é revitalizar o mercado, non ser unha plataforma de valoración de madeira en venda.

Tanto sexas un particular como unha empresa, se desexas comprar madeira en eMonte.es débese pagar unha cota anual, a cal é gratuíta ata final deste ano pero que logo será entre 300 e 800 euros, máis o 1% do valor das compras que se realicen a través da plataforma.

Cunhas poucas semanas de vida, eMonte.es xa ten 50 empresas inscritas na plataforma, sendo estas principalmente de Galicia e Portugal, pero esperan aumentar este número a medida que a plataforma se popularice e creza tanto en contido como en usuarios que queiran vender o seu *xenéro.

eMonte.es tamén dispón dunha aplicación móbil, que permite realizar as mesmas accións que a páxina web, tales como buscar lotes, acceder á súa ficha ou pedir instrucións para a localización exacta da leira. Desta maneira, o comprador pode comprobar o estado do produto antes de adquirilo sen necesidade de que o vendedor teña que desprazarse.

Para máis información, a súa páxina web eMonte.es ten todos os detalles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.