
O mundo das vendas é sempre un lugar moi competitivo co que hai que lidar día tras día. Nel, os comerciantes adoitan enfrontarse a diferentes retos que teñen que controlar desde a súa experiencia o seu bo facer, sendo un deles o control do prezo dos produtos. En calquera tenda, é necesario valorar o prezo que se está poñendo a todo o catálogo e saber se este é competitivo á vez que rendible.
No mundo online, a situación é moi similar e por iso desde o CDTIC da Amtega ofrece a todos os empresarios e vendedores a sesión de traballo “Control dos prezos en liña. Controla competidores ou vendedores dos teus produtos en tempo real con Boardfy”. Nesta actividade explicarase a importancia do control dos prezos nas nosas tendas, así como a rendibilidade que nos pode ofrecer vixiar aos nosos competidores, dar importancia ao posicionamento do mercado ou ao control da canle de venda.
A sesión, destinada principalmente a directivos, responsables comerciais e de mercadotecnia e a toda persoa que desexe potenciar o seu comercio online, celebrarase nas instalacións do CDTIC o 18 de outubro cun horario de 17 a 19 horas. O encargado de impartila será Fernando Gómez, CEO de Boardfy e presidente do grupo de empresas Predomina.
A asistencia é gratuíta, pero para facelo é necesario inscribirse a través da web do CDTIC.

