Coñece as III Xornadas de achegamento ao hardware e software libre socioeducativo

lginux

A utilización de software e hardware libre é unha práctica que todos deberiamos probar nalgún momento. As vantaxes de utilizar produtos con este tipo de licenza son moitas. No ámbito educativo e en diferentes iniciativas da Administración electrónica, a administración autonómica é un claro exemplo na apostar polo uso de licenzas libres ,

Para coñecer máis o mundo do hardware e software libre, a Asociación Educativa LiGNUx organiza un ano máis as “Xornadas de acercamento teórico-práctico ao software e hardware libre no ámbito socioeducativo”. Estas xornadas, que xa van pola súa terceira edición, están destinadas tanto a futuros ou actuais profesionais do sector educativo como a persoas que queren ampliar os seus coñecementos sobre o hardware e software libre.

A edición do 2016 celebrarase os días 16 e 17 de outubro no Campus de Ourense de Universidade de Vigo. Durante estos dous días poderemos desfrutar de conferencias, talleres e charlas que xiran arredor do software e o hardware con licenza libre. Ademais da Asociación Educativa LiGNUx, as xornadas contarán coa colaboración da Asociación Pedagóxica e Cultural Educere, o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL), a Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia e Amtega.

A asistencia ás xornadas e totalmente gratuíta, pero é necesario inscribirse. O formulario para facelo está dispoñible na súa páxina web, onde se pode encontrar tamén a programación completa das xornadas así como máis información sobre elas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.